A musicalidade da lingua

A LINGUA

Chegou unha nena labrega
coa boca cargada de mel
á porta pechada da escola
e non llo quixeron coller.
Dicía:
laranxa,
paxel,
pelouro,
árbore,
tixola,
trepia,
perixel.
Volveu a meniña prá casa
coa boca amarga de fel.
¡Coitado o meniño galego,
Se o mestre non fala como el!

Este poema de Helena Villar e Xesús Rábade, de “Cantan os nenos, publicada en 1983, forma parte da “Antoloxía da poesía infantil galega. O libro dos cen poemas“, realizada por Xosé María Álvarez Cáccamo para Espiral Maior en 2002. Recóllense poemas populares e tradicionais, así como outros dun total de 42 autores galegos, desde os clásicos aos contemporáneos. Completase cun capítulo de actividades arredor de 15 poemas que a modo de exemplo tratan de mostrar como traballar a oralidade e a expresión creativa.

Advertisements