Bolboretas no papel

No país das bolboretas
fai cada un o que lle peta.

As abellas fan calceta,
os cans tocan a trompeta
e os coellos a corneta.
 
As carreiras son sen meta,
mesmo as curvas son ben rectas
e os poemas perden letras.
 
As centolas son perfectas,
os pardais van en carretas
e o sol anda en bicicleta.
 
No país das bolboretas
fai cada un o que lle peta.

Bolboretas no papel“, de Antonio García Teijeiro en Tambre, 2008, é unha colección de versos co protagonismo común das bolboretas, que voan coñecendo o planeta, mesmo viaxan xunto aos poetas, bailan con Lorca, fan versos con Manuel María, móvense polo ceo azul con Celso Emilio Ferreiro, ou son compañeiras de auga con Antonio Machado.

Advertisements