Canción das tres cucharas

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

Pimentel, Luís (1989) Poesía galega (Vigo: Edicións Xerais)

“Canción das tres cucharas” de Luís Pimentel, é a primeira poesía que incluímos noKartonlibro “Poemas Galegos”.
Descubrímola grazas á escolma que fixo Antonio García Teijeiro para a editorial Anaya en “Os nosos versos” no que recompila obras achegadas aos gustos dos nenos dunha ducia de autores galegos.
Pareceunos de tal potencialidade musical que lle pedimos a cada neno que trouxera unha cunca e unha culler, e así pasamos bos anacos descubrindo os distintos sons que podíamos producir co mesmos instrumentos; as variacións de ton e de altura segundo o material do que estiveran feitos.
Máis tarde coñecemos unha interpretación de Abe Rábade do poema, que forma parte do CD “Aloumiños de seda” editado pola Dirección Xeral de Política Lingüística no 2008, e que puidemos escoitar tanto no web do artista como en Son de Poetas.

Vía InnovArte Infantil

Advertisements