O portafolio educativo

Un portafolio é un rexistro da aprendizaxe que se concentra no traballo do alumno/a e na súa reflexión sobre esa tarefa. Froito da cooperación entre o alumnado e o profesorado, xúntase un material que é indicativo do avance cara os resultados desexados.

O portafolio é unha escolma deliberada dos traballos do alumnado que serven para mostrar os seus esforzos, progresos ou logros. Desde a perspectiva educativa é un procedemento de producción, que permite compilar productos de proxectos, escritos, gravacións e outras creacións do alumno/a.

O departamento educativo da Generalitat Valenciana publicou un documento orientativo sobre o portafolio do estudante, do que recomendamos a súa lectura, no que se recolle de forma moi concisa: definición, utilidades, forma de elaboración, proceso de uso, variantes e bibliografía.

No blog XarxaTIC, tamén atopamos tres interesantes artigos sobre o e-portfolio, o portfolio electrónico, as ferramentas dispoñibles na rede, o portfolio como bitácora docente, e os pasos necesarios para a súa creación.

Advertisements