Onomatopeas

A raíz do visionado da ópera buffa ‘Duetto buffo di due gatti’ de Gioacchino Rossini, durante a cal tan só se pronuncia a onomatopea “miau”, e do que hai innumerables versións, de entre as que salientamos:

Felicity Lott & Ann Murray

Teresa Berganza e Cecilia Lavilla Berganza

Montserrat Caballé e Concha Velasco

Les Petits Chanteurs a la Croix del Bois

decidimos traballar coas onomatopeas,  pronuncialas, idenficalas, e escribilas; deunos pé a unha interesante proposta de lectura e escrita. Empregamos as táboas das admitidas polo Diccionario da Lengua Española,  a recompilación de José Martínez de Sousa e máis un vídeo.

E como non, unha chiscadela final co xa clásico libro de Manuel Bragado, “Dona Carme”.

Vía InnovArte Infantil.

Advertisements