Ópera para nenos

A ópera é un xénero pouco tratado ou escoitado en infantil, poida que nos pareza demasiado complexo, ou poida que aínda non lle “tocara” o seu momento. Materiais e posibilidades non faltan. Tan só se trata de probar unha vez e de seguro que repetiremos.

Facilitamos un vídeo de animación coa aria de Verdi- Traviata –Choeurs des Bohèmiens, de “L´Opèra imaginaire”, intepretado por Le Coro dell’Accademia di Santa Cecilia de Rome. Realizado por Gionne Leroy, realizador e animador, de l’école de la Cambre.

Excelente material para facer un primeiro achegamento á ópera.

Algunhas editoriais xa teñen publicados álbums nos que tratan de abrir este xénero aos nenos e nenas. Destacamos da colección “Ópera para nenos” da editorial Kalandraka, cos seguintes títulos:

-“A frauta máxica” de Mozart; “Aida” de Verdi; “O elixir do amor” de Donizetti; unha ópera bufa;  “Turandot” de Puccini;  “O barbeiro de Sevilla”de Rossini;  “Orfeo e Euridice” de Gluck; “Porgy and Bess” de Gershwin.

Advertisements