Paisaxes sonoras

Soundscape é un proxecto orixinal de Murray Schafer que vén a ser algo así como unha imaxe sonora, o entorno sonoro concreto dun lugar real. Así hai un gran número degrupos que se dedican a recoller esas recreacións sonoras; en Galicia, o proxecto Escoitarpermítenos ouvir gravacións de distintos lugares senlleiros da nosa comunidade e contrastar as diferenzas entre os sons de localidades.

Estamos continuamente inmersos no son, e máis das veces non reparamos nel. Unha actividade curiosa é facerlles escoitar os sons da contorna, percibir as variacións deses sons ao longo do día. Non son os mesmos sons da escola a primeira hora da mañá que ao mediodía ou polo recreo, e eses sons, sen outro tipo de información poden axudar a identificar onde nos atopamos e a que hora; asemade, tamén permite decatarse da contaminación acústica.

Ás veces, tamén podemos recrear paisaxes sonoras a partir de imaxes irreais. Presentarlles unha imaxe e producir coa voz ou con outros elementos, os sons que pensamos se poderían escoitar nese lugar. Recentemente fixémolo a partir de ilustracións de David Pintor, algunhas delas pertencentes ao álbum “Compostela” publicado o pasado ano con Kalandraka. Por grupos, sonorizan distintas paisaxes. Tamén se pode facer a partir de obras de arte, de contos ou de historias. O que importa é reparar neses sons e comprender que a voz é unha ferramenta moi versátil que permite moita máis expresión que o mero falar.

Advertisements


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s