Praxias bucofonatorias

En El blog de los maestr@os de audición y lenguaje, de Eugenia Romero, atopamos unha extensa compilación de exercicios de praxias bucofonatorias, así como de expresión facial.

Advertisements

A técnica Alexander

Dado que o corpo é o noso primeiro e mellor instrumento, cómpre aprender a entendelo e a coidalo, porén recollemos unha técnica referencial que nos pode ensinar a facer un bo uso de nós mesmos dándonos seguridade e disfrutando de actividades que requiren tensión como pode ser tocar un instrumento, interpretar, bailar, ou mesmo vivir. Un sinxelo método de educación corporal que procura o equilibrio e a liberdade natural do corpo, entendendo como está deseñado para deixalo funcionar de seu.

A técnica Alexander é un proceso de aprendizaxe lento pero seguro que nos ensina a recoñecer os nosos hábitos e a interactuar cos outros.

Desde aquí a ligazón ao seu web.


Blog Aula de música

Aula de música é un blog do CEIP Gerardo Diego de Los Corrales de Buelna. Nel recollen as experiencias de aula, das que nós escolmamos as referidas a educación infantil.


Blogs de música

En Educ@conTIC, MªJesús Camino, fixo unha extraordinaria labor de procura de  blogs de educación musical de todo o territorio estatal. Non hai máis que premer sobre o mapa e en cada rexión despreganse os que salientou.