Música infantil galega

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Dinamización Lingüística creou un novo espazo na súa páxina: MÚSICA INFANTIL
Unha boa recompilación da música infantil en galego onde tamén podedes atopar videos e outros materiais premendo nos enlaces.

Orella pendella

Orella Pendella é un web que  quere difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Nela atopamos ditos, recitados, cancións infantís, xogos, trabalinguas, cancións diversas, etc. coas súas variantes segundo a zona de recollida. Tamén permite escoitar algunhas delas.


Instrumentos musicais galegos

Os instrumentos musicais na tradición galega”, é un web no que se atopa información de distinta índole sobre preto de 150 instrumentos tradicionais galegos: unha descrición detallada, os seus nomes tradicionais, a súa historia e información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, xunto cunha gravación do seu son.

Vinchas, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, chirimías ou palletas, comparten espazo con outros máis coñecidos como pandeiros, castañolas, gaitas e zanfoñas.

Elaborado por Pablo Carpintero, aloxado no portal do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Un recurso de grande utilidade na educación.

Na rede pódense ver algúns vídeos da elaboración destes instrumentos, do Proxecto Ronsel.


Bibliopoemas

Bibliopoemas é o web da Biblioteca Pública de Coccentaina, onde atopamos os poemas organizados por preto de cincuenta temas diferentes: de animais, de pais, de avós, de alimentos, de amor, de árbores, de estacións, de flores, de bolboretas…


Poemas galegos musicados


Son de Poetas
é un web onde se recolle unha antoloxía de poesía galega musicada. Organizado por Idade Media, século XIX, século XX e século XXI, podemos atopar obras referenciais de Rosalía, Curros, Manuel María, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, e outros moitos co acompañamento de voces e músicos como Amancio Prada, Abe Rábade, Voces Ceibes, Luis Emilio Batallán, Carlos Núñez, Milladoiro, Luar na Lubre, etc.


LitOral

LitOral é o web da Asociación para la Difusión de la Literatura Oral, que ten entre as súas finalidades a recuperación, estudo e difusión das tradicións orais do Sur da Península.

Podemos atopar tanto escritos como en arquivos de voz: contos, ditos, recitados, retahilas, oracións, romances, xogos, etc.


Spotify

Para escoitar esa canción que precisamos na aula para traballar un ritmo determinado, para relaxar, para bailar, para cantar, e con moi boa calidade de son. Spotify é unha aplicación que permite a escoita de música vía streamig. A busca pódese facer por artista, álbum ou listas de reprodución creadas polos propios usuarios. É gratuíto. Tense acceso ás pistas de varias casas discográficas (Sony BMG, EMI Music, Warner Music, Universal Music, Hollywood Records, entre outras). Pódense crear listaxes de reprodución e compartilas ou editalas. O acceso é con invitación .