300 voces blancas por la Paz
Publicado: 07/05/2012 Filed under: Vídeos | Tags: coro, voz Comentarios desactivados en 300 voces blancas por la PazCoñécense como voces brancas as voces infantís antes da pubertade.
Recentemente creouse 300 voces blancas por la Paz, un coro de 300 nenos/as de entre 10 e 15 anos que cantan pola Paz.
Tratan transmitirlle á sociedade unha mensaxe de paz, tolerancia, solidaridade e optimismo, a través da música. O seu repertorio está cheo de mensaxes estimulantes e bos desexos.
Coro de Manos Blancas
Publicado: 07/05/2012 Filed under: Vídeos | Tags: coro, voz Comentarios desactivados en Coro de Manos BlancasO coro de Manos Blancas forma parte do programa de Educación Especial do Sistema Nacional de Orquestas y Coros Juveniles e Infantiles de Venezuela, foi creado en 1999 e está conformado por dúas areas: a xestual, integrada principalmente por nenos e mozos con deficiencias auditivas, que utilizan luvas brancas ou de cores, segundo a obra que interpreten; e a oral, formada por nenos e mozos con deficiencias visuais e cognitivas, con impedimentos motrices, dificultades para a aprendizaxe e autismo, así como tamén, por aqueles que, sen ningunha discapacidades, dan exemplo do dereito que todos temos a participar na sociedade.