A arte de contar contos

Onde aprenden os mestres a ler e a contar contos?

Isto debería ser un contido fundamental na formación inicial dos docentes; pola contra, cadaquén, con maior o menor fortuna vai aprendendo como pode, aproveitando as súas cualidades e experiencias de ter asistido a sesións de contacontos.

Non é nada doado engaiolar aos nenos/as, logrando que se metan dentro da historia que se está narrando -ou lendo-, emporiso hai certas habilidades, técnicas e estratexias que todo o mundo debería practicar, para non converter este momento máxico en algo soporífero.

No SOL, atopamos as recomendacións de Kepa Osoro, mestre e experto en literatura infantil. Do primeiro que nos advirte é de que non é o mesmo ler que contar un conto. En calquera caso, o narrador ten que vibrar co relato, sabendo transmitir a súa esencia para acadar unha íntima relación co público; previamente débese practicar a narración; no momento, obter un silencio expectante, non cortándoa nunca; hai que procurar a brevidade, a sucesión lóxica de ideas e a claridade na verbalización; usar a mobilidade da mirada buscando a expresividade pero sen forzar o temperamento do narrador; e concederlle moita importancia á voz, contándoo como si o estivéramos vivindo, variando as entoacións, e acompañándoo dos xestos oportunos e ben medidos.

Por outra banda, “El arte de contar cuentos” é un clásico da escritora Marie L. Shedlock, seica, inigualable contadora de contos, que está dispoñible na rede. Comeza advertíndonos dos perigos nos que pode incorrer un narrador/a: desviarse cara cuestións secundarias escurecendo a historia con demasiados detalles; introducir palabras non familiares; ou de non saber ler os rostros do público. Continúa cos principios básicos para a narración de contos, e os elementos que se deben evitar ao seleccionar o material.

Para nós, unha premisa básica á hora contar –e ler contos-: non aburrirnos a nós mesmas.

Advertisements

Contadores de contos

Ler contos ou contar contos? As dúas cousas, en función do que pretendamos, non hai porque contrapoñer estas dúas necesarias actividades, pero non releguemos a que vai directamente de boca a orella, tan só co recurso da nosa voz.

Agora ben, todos/as sabemos contar historias?, ou será que a falta desa capacidade nos fai aferrarnos a outros soportes como o libro ou o audiovisual. Cales son as cualidades que debe ter un conto e un contador/a de “contos de boca”?

Recorremos ao experto Paco Abril que no artigo “Para contar historias” esboza algunhas premisas fundamentais sobre a narración, así como as 5 características que, a xuízo deste contacontos, se deben aplicar para chegar aos nenos/as.

-El contador es un escuhador. Es capaz de oír a los niños/as cuando cuentan cosas que a las orejas maduras les parecen misteriosas. Es capaz de oír lo que los niños quieren, de verdad, sentir.

-Quien narra es un contador, no está representado un papel, Por eso se centrará en lo que cuenta, y en que eso que cuenta suene verdadero, recordando que los niños/as quieren ficciones no mentiras.

-Sólo cuando consiga la difícil sencillez de narrar sin alharacas, con el solo recurso de la palabra, podrá recurrir a usar los elementos que considere oportunos para fortalecer sus relatos.

-Su repertorio, que deberá sentir como si formara parte de su vida, se nutrirá de historias, de cuentos, de palabras que contegan el imprescindible ingrediente del “y de repente.

-El contador de cuentos debe poner la mejor disposición para relatar, aunque no tenga ganas, deberá salir a la “pista” con ellas, de lo contrario no saldrá.

Y es que en el momento en que los niños/as sienten que lo que les narran tiene que ver con sus vevencias, y les cuentan historias con ganas, se convierten en los mejores escuchadores que haya habido jamás.

Paco Abril, tamén insiste en Apuntes para una teoría del contar”que o que realmente gusta son “os contos contados con ganas”.

Hai que contar contos de boca con ganas, así de sinxelo e así de complexo.


La voz infantil, educación y reeducación

La voz infantil. Educación y reeducación“, de Sagrario Echeverría Goñi en CEPE, 2003, é unha interesante publicación que inclúe CD.

Es innegable el valor psicosocial de la voz entendida como vehículo y soporte físico de la comunicación humana. Por ello es un bien que hay que educar y en su caso reeducar.

Las características y el uso de la voz que hace el niño con su entrada en la escuela y en grupos, conducen con cierta facilidad a alteraciones de cualquiera de los parámetros vocales: intensidad, tono, duración y timbre.

En este marco se propugna la necesidad de incorporar la enseñanza de la técnica vocal en el currículum infantil y primer ciclo de Primaria, como programa educativo y preventivo.

Permite a descarga dun avance da obra.