A voz na docencia

La voz en la docencia: conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo“, de Mª Isabel Cortázar López e Balbino Rojo Colino, publicado en Graó no 2007, é un libro eminentemente práctico con exercicios para previr os problemas de voz, a principal ferramenta de traballo dos que nos dedicamos á docencia.

Vista previa.

Advertisements

Problemas da voz nos docentes

A Junta de Extremadura elaborou a “Ficha de prevención: problemas de la voz en docentes“, coa finalidade de informar a este colectivo sobre as causas, factores de risco (tarefas, ruídos, acústica das aulas, temperatura, humidade, ventilación, etc), as patoloxías máis comúns entre o profesorado, así como das medidas preventivas.


A voz humana

Facilitamos o acceso ao documento “La voz humana” elaborado polo Centro de Formación de Navarra, no que trata a técnica vocal, a educación e reeducación vocal, as principais patoloxías dos órganos fonatorios, a avaliación funcional da voz, o adestramento vocal, así como  a hixiene e coidado vocal.


Síndrome Bogart-Bacall

As voces de Lauren Bacall e Humphrey Bogart deron nome a un trastorno da voz denominado síndrome Bogart-Bacall que consiste nunha fatiga da voz, ronqueira ou dor de gorxa. Este trastorno adoita aparecerlle aos cantantes, actores e presentadores de radio e televisión; o motivo vén do emprego dun ton demasiado grave que agora está de moda entre estes profesionais.


Hixiene da voz

Recollemos aquí artigos publicados na rede que versan sobre a voz, o seu coidado e alteracións derivadas dun uso non adecuado.

Higiene de la voz”, do Centro de Foniatría. Un documento con ítems que axudan a detectar a presenza de indicios de problemas da voz.

Voz profesional y alteraciones de la voz”, de Marco Guzmán, sobre a hixiene vocal, situacións de mal coidado, malos hábitos e medidas de hixiene.

Cuidados de la voz e higiene vocal”, de Marco Guzmán.

Higiene vocal”, de Andreu Sauca i Balart, no que el divide entre normas, consellos e hábitos.