Música infantil galega

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Dinamización Lingüística creou un novo espazo na súa páxina: MÚSICA INFANTIL
Unha boa recompilación da música infantil en galego onde tamén podedes atopar videos e outros materiais premendo nos enlaces.
Advertisements

La música en la escuela infantil

La música en la escuela infantil“, de Andrea Giráldez, Pep Alsina, Maravillas Díaz, en Graó, 2008.

Hoy nadie pone en duda la importancia que tiene la etapa 0-6 en la futura construcción del conocimiento musical. Tampoco parece que el profesorado dude del valor de la educación musical en el desarrollo psicoevolutivo de los niños y niñas. Conscientes de la importancia de la educación musical en esta etapa, estas páginas pretenden acercar la música a los docentes de infantil, proporcionando ideas que les permitan afrontar la planificación y la puesta en práctica. Se incluye DVD con ejemplificaciones de actividades cotidianas de maestros y maestras de diferentes entornos geográficos.
Índice
¿Por qué es importante la música en la etapa 0-6?: Introducción. La educación musical desde el nacimiento hasta los 6 años. El papel de la familia. El papel de los educadores. Consideraciones previas a la programación. Música para educar o educación musical. ; Las actividades musicales: La música en el aula. El sonido y la música. La escucha sonora y musical. La voz y el canto. Los instrumentos. El movimiento corporal. Música y juego. La invención musical: imitar, improvisar y crear. ; Experiencias para compartir: Introducción. Cantar y aprender en los primeros años de vida. Experiencia 0-3 años. La música, un camino para conectar la educación y el entorno. Experiencia 3-6 años. ; Aprendemos con la música. Ejemplos y propuestas de actividades musicales: Introducción. Música en acción: la importancia de las primeras experiencias musicales. ; Referencias bibliográficas.
Vista previa.

Instrumentos musicais galegos

Os instrumentos musicais na tradición galega”, é un web no que se atopa información de distinta índole sobre preto de 150 instrumentos tradicionais galegos: unha descrición detallada, os seus nomes tradicionais, a súa historia e información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, xunto cunha gravación do seu son.

Vinchas, cantagalos, ferreñas, rabel, rin-ran, chirimías ou palletas, comparten espazo con outros máis coñecidos como pandeiros, castañolas, gaitas e zanfoñas.

Elaborado por Pablo Carpintero, aloxado no portal do Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega.

Un recurso de grande utilidade na educación.

Na rede pódense ver algúns vídeos da elaboración destes instrumentos, do Proxecto Ronsel.


Que significa a música?

Para todos aqueles que sempre temos dúbidas sobre que musica debemos seleccionar para empregar nas aulas, para os que sempre andan buscando pezas relacionadas cos temas que están traballando, para os que lle buscan significado á música …

Unha lección maxistral de Leonard Bernstein, que acompañado da Orquestra Filarmónica de Nova York explícalle aos nenos que significa a música. Unha gravación de 1958 na que di que a música son notas, preciosas notas e sons unidos de tal xeito que gozamos ao escoitalos, pero as notas non son como as palabras, porén non significan o mesmo.

Recomendamos o visionado deste vídeo, así como o dedicado á “Música impresionista” ou “Tes musicalidade?”.


Linguaxe musical

Malia que non é obxecto desta materia, cómpre recordar algúns coñecementos básicos sobre a linguaxe musical. Atopamos un web en Averroes, o portal educativo de Andalucía, onde explica con claridade e exemplos gráficos e/ou sonoros a duración do son e a súa representación gráfica; contén exercicios en Javaclic para practicar.


Música 2.0 e competencias básicas

En Educ@conTIC atopamos un artigo moi interesante de Mª Jesús Camino, no que fai unha vinculación entre a materia de Música e as posibilidades de traballo das competencias básicas, elemento integrante dos currículos LOE.

Deseguido mostra varias aplicacións 2.0 para o traballo de distintos contidos musicais á luz desa perspectiva das CC.BB.