A voz na docencia

La voz en la docencia: conocer y cuidar nuestra herramienta de trabajo“, de Mª Isabel Cortázar López e Balbino Rojo Colino, publicado en Graó no 2007, é un libro eminentemente práctico con exercicios para previr os problemas de voz, a principal ferramenta de traballo dos que nos dedicamos á docencia.

Vista previa.


Onomatopeas

A raíz do visionado da ópera buffa ‘Duetto buffo di due gatti’ de Gioacchino Rossini, durante a cal tan só se pronuncia a onomatopea “miau”, e do que hai innumerables versións, de entre as que salientamos:

Felicity Lott & Ann Murray

Teresa Berganza e Cecilia Lavilla Berganza

Montserrat Caballé e Concha Velasco

Les Petits Chanteurs a la Croix del Bois

decidimos traballar coas onomatopeas,  pronuncialas, idenficalas, e escribilas; deunos pé a unha interesante proposta de lectura e escrita. Empregamos as táboas das admitidas polo Diccionario da Lengua Española,  a recompilación de José Martínez de Sousa e máis un vídeo.

E como non, unha chiscadela final co xa clásico libro de Manuel Bragado, “Dona Carme”.

Vía InnovArte Infantil.


Problemas da voz nos docentes

A Junta de Extremadura elaborou a “Ficha de prevención: problemas de la voz en docentes“, coa finalidade de informar a este colectivo sobre as causas, factores de risco (tarefas, ruídos, acústica das aulas, temperatura, humidade, ventilación, etc), as patoloxías máis comúns entre o profesorado, así como das medidas preventivas.


Tras, tras, cucutrás

Para xogar coas palabras e coa pronuncia.

“Pito pato, pato pito,
pita pata, para atrás.
Barro borra, barre burra
barra arriba, Barrabás.
Tole tole, paparrucha,
ringo rango, sasasfrás.
Tristre trasto, cucufate,
picaporte, Don Tomás”.

Tras, tras, cucutrás“, de Juan Clemente e Aitana Carrasco en Factoría K de libros, 2010.

Os 28 poemas de “Tras, tras, cucutrás” son a materialización sonora e literaria da diversión; representan a dimensión lúdica do verso, ; compoñen un divertimento de rimas en hábil equilibrio.

Letras e sílabas agrúpanse nunha simpática compaña para dar lugar a palabras surrealistas e sin sentido, cando non son as propias palabras as que adquiren significados exóticos.


A voz humana

Facilitamos o acceso ao documento “La voz humana” elaborado polo Centro de Formación de Navarra, no que trata a técnica vocal, a educación e reeducación vocal, as principais patoloxías dos órganos fonatorios, a avaliación funcional da voz, o adestramento vocal, así como  a hixiene e coidado vocal.


La música en la escuela infantil

La música en la escuela infantil“, de Andrea Giráldez, Pep Alsina, Maravillas Díaz, en Graó, 2008.

Hoy nadie pone en duda la importancia que tiene la etapa 0-6 en la futura construcción del conocimiento musical. Tampoco parece que el profesorado dude del valor de la educación musical en el desarrollo psicoevolutivo de los niños y niñas. Conscientes de la importancia de la educación musical en esta etapa, estas páginas pretenden acercar la música a los docentes de infantil, proporcionando ideas que les permitan afrontar la planificación y la puesta en práctica. Se incluye DVD con ejemplificaciones de actividades cotidianas de maestros y maestras de diferentes entornos geográficos.
Índice
¿Por qué es importante la música en la etapa 0-6?: Introducción. La educación musical desde el nacimiento hasta los 6 años. El papel de la familia. El papel de los educadores. Consideraciones previas a la programación. Música para educar o educación musical. ; Las actividades musicales: La música en el aula. El sonido y la música. La escucha sonora y musical. La voz y el canto. Los instrumentos. El movimiento corporal. Música y juego. La invención musical: imitar, improvisar y crear. ; Experiencias para compartir: Introducción. Cantar y aprender en los primeros años de vida. Experiencia 0-3 años. La música, un camino para conectar la educación y el entorno. Experiencia 3-6 años. ; Aprendemos con la música. Ejemplos y propuestas de actividades musicales: Introducción. Música en acción: la importancia de las primeras experiencias musicales. ; Referencias bibliográficas.
Vista previa.

Praxias bucofonatorias

En El blog de los maestr@os de audición y lenguaje, de Eugenia Romero, atopamos unha extensa compilación de exercicios de praxias bucofonatorias, así como de expresión facial.


Orella pendella

Orella Pendella é un web que  quere difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI.

Nela atopamos ditos, recitados, cancións infantís, xogos, trabalinguas, cancións diversas, etc. coas súas variantes segundo a zona de recollida. Tamén permite escoitar algunhas delas.


Ópera para nenos

A ópera é un xénero pouco tratado ou escoitado en infantil, poida que nos pareza demasiado complexo, ou poida que aínda non lle “tocara” o seu momento. Materiais e posibilidades non faltan. Tan só se trata de probar unha vez e de seguro que repetiremos.

Facilitamos un vídeo de animación coa aria de Verdi- Traviata –Choeurs des Bohèmiens, de “L´Opèra imaginaire”, intepretado por Le Coro dell’Accademia di Santa Cecilia de Rome. Realizado por Gionne Leroy, realizador e animador, de l’école de la Cambre.

Excelente material para facer un primeiro achegamento á ópera.

Algunhas editoriais xa teñen publicados álbums nos que tratan de abrir este xénero aos nenos e nenas. Destacamos da colección “Ópera para nenos” da editorial Kalandraka, cos seguintes títulos:

-“A frauta máxica” de Mozart; “Aida” de Verdi; “O elixir do amor” de Donizetti; unha ópera bufa;  “Turandot” de Puccini;  “O barbeiro de Sevilla”de Rossini;  “Orfeo e Euridice” de Gluck; “Porgy and Bess” de Gershwin.


A arte de contar contos

Onde aprenden os mestres a ler e a contar contos?

Isto debería ser un contido fundamental na formación inicial dos docentes; pola contra, cadaquén, con maior o menor fortuna vai aprendendo como pode, aproveitando as súas cualidades e experiencias de ter asistido a sesións de contacontos.

Non é nada doado engaiolar aos nenos/as, logrando que se metan dentro da historia que se está narrando -ou lendo-, emporiso hai certas habilidades, técnicas e estratexias que todo o mundo debería practicar, para non converter este momento máxico en algo soporífero.

No SOL, atopamos as recomendacións de Kepa Osoro, mestre e experto en literatura infantil. Do primeiro que nos advirte é de que non é o mesmo ler que contar un conto. En calquera caso, o narrador ten que vibrar co relato, sabendo transmitir a súa esencia para acadar unha íntima relación co público; previamente débese practicar a narración; no momento, obter un silencio expectante, non cortándoa nunca; hai que procurar a brevidade, a sucesión lóxica de ideas e a claridade na verbalización; usar a mobilidade da mirada buscando a expresividade pero sen forzar o temperamento do narrador; e concederlle moita importancia á voz, contándoo como si o estivéramos vivindo, variando as entoacións, e acompañándoo dos xestos oportunos e ben medidos.

Por outra banda, “El arte de contar cuentos” é un clásico da escritora Marie L. Shedlock, seica, inigualable contadora de contos, que está dispoñible na rede. Comeza advertíndonos dos perigos nos que pode incorrer un narrador/a: desviarse cara cuestións secundarias escurecendo a historia con demasiados detalles; introducir palabras non familiares; ou de non saber ler os rostros do público. Continúa cos principios básicos para a narración de contos, e os elementos que se deben evitar ao seleccionar o material.

Para nós, unha premisa básica á hora contar –e ler contos-: non aburrirnos a nós mesmas.


Os sons do español

Gústanos facer exercicios coa voz e ver que hai quen pode producir calquera son, tal e como sucede no vídeo do extraordinario grupo Voca People, que coas súas voces soan coma unha orquestra.

Para ilo é preciso practicar a pronuncia moitas veces non sabemos como explicarlle aos nenos/as a colocación dos órganos fonatorios, para facelo con corrección.

Esta aplicación, Los sonidos del español, xerada  polo departamento de Español e Portugués da Universidade de Iowa permite a definición articulatoria dos sons do español mediante un diagrama interactivo.

É sumamente interesante que poidan visibilizar o aparato fonador humano e escoitar a pronuncia correcta.


Contadores de contos

Ler contos ou contar contos? As dúas cousas, en función do que pretendamos, non hai porque contrapoñer estas dúas necesarias actividades, pero non releguemos a que vai directamente de boca a orella, tan só co recurso da nosa voz.

Agora ben, todos/as sabemos contar historias?, ou será que a falta desa capacidade nos fai aferrarnos a outros soportes como o libro ou o audiovisual. Cales son as cualidades que debe ter un conto e un contador/a de “contos de boca”?

Recorremos ao experto Paco Abril que no artigo “Para contar historias” esboza algunhas premisas fundamentais sobre a narración, así como as 5 características que, a xuízo deste contacontos, se deben aplicar para chegar aos nenos/as.

-El contador es un escuhador. Es capaz de oír a los niños/as cuando cuentan cosas que a las orejas maduras les parecen misteriosas. Es capaz de oír lo que los niños quieren, de verdad, sentir.

-Quien narra es un contador, no está representado un papel, Por eso se centrará en lo que cuenta, y en que eso que cuenta suene verdadero, recordando que los niños/as quieren ficciones no mentiras.

-Sólo cuando consiga la difícil sencillez de narrar sin alharacas, con el solo recurso de la palabra, podrá recurrir a usar los elementos que considere oportunos para fortalecer sus relatos.

-Su repertorio, que deberá sentir como si formara parte de su vida, se nutrirá de historias, de cuentos, de palabras que contegan el imprescindible ingrediente del “y de repente.

-El contador de cuentos debe poner la mejor disposición para relatar, aunque no tenga ganas, deberá salir a la “pista” con ellas, de lo contrario no saldrá.

Y es que en el momento en que los niños/as sienten que lo que les narran tiene que ver con sus vevencias, y les cuentan historias con ganas, se convierten en los mejores escuchadores que haya habido jamás.

Paco Abril, tamén insiste en Apuntes para una teoría del contar”que o que realmente gusta son “os contos contados con ganas”.

Hai que contar contos de boca con ganas, así de sinxelo e así de complexo.


Paisaxes sonoras

Soundscape é un proxecto orixinal de Murray Schafer que vén a ser algo así como unha imaxe sonora, o entorno sonoro concreto dun lugar real. Así hai un gran número degrupos que se dedican a recoller esas recreacións sonoras; en Galicia, o proxecto Escoitarpermítenos ouvir gravacións de distintos lugares senlleiros da nosa comunidade e contrastar as diferenzas entre os sons de localidades.

Estamos continuamente inmersos no son, e máis das veces non reparamos nel. Unha actividade curiosa é facerlles escoitar os sons da contorna, percibir as variacións deses sons ao longo do día. Non son os mesmos sons da escola a primeira hora da mañá que ao mediodía ou polo recreo, e eses sons, sen outro tipo de información poden axudar a identificar onde nos atopamos e a que hora; asemade, tamén permite decatarse da contaminación acústica.

Ás veces, tamén podemos recrear paisaxes sonoras a partir de imaxes irreais. Presentarlles unha imaxe e producir coa voz ou con outros elementos, os sons que pensamos se poderían escoitar nese lugar. Recentemente fixémolo a partir de ilustracións de David Pintor, algunhas delas pertencentes ao álbum “Compostela” publicado o pasado ano con Kalandraka. Por grupos, sonorizan distintas paisaxes. Tamén se pode facer a partir de obras de arte, de contos ou de historias. O que importa é reparar neses sons e comprender que a voz é unha ferramenta moi versátil que permite moita máis expresión que o mero falar.


300 voces blancas por la Paz

Coñécense como voces brancas as voces infantís antes da pubertade.

Recentemente creouse 300 voces blancas por la Paz, un coro de 300 nenos/as de entre 10 e 15 anos que cantan pola Paz.

Tratan transmitirlle á sociedade  unha mensaxe de paz, tolerancia, solidaridade e optimismo, a través da música. O seu repertorio está cheo de mensaxes estimulantes e bos desexos.


LitOral

LitOral é o web da Asociación para la Difusión de la Literatura Oral, que ten entre as súas finalidades a recuperación, estudo e difusión das tradicións orais do Sur da Península.

Podemos atopar tanto escritos como en arquivos de voz: contos, ditos, recitados, retahilas, oracións, romances, xogos, etc.


A voz escénica

Neste libro, “Método para el manejo de la voz escénica. De la memoria de la voz a la imagen de la palabra“, de Jorge Iván Grisales Cardona, atopanse exercizos de respiración e de recoñecemento do centro da voz.


La voz infantil, educación y reeducación

La voz infantil. Educación y reeducación“, de Sagrario Echeverría Goñi en CEPE, 2003, é unha interesante publicación que inclúe CD.

Es innegable el valor psicosocial de la voz entendida como vehículo y soporte físico de la comunicación humana. Por ello es un bien que hay que educar y en su caso reeducar.

Las características y el uso de la voz que hace el niño con su entrada en la escuela y en grupos, conducen con cierta facilidad a alteraciones de cualquiera de los parámetros vocales: intensidad, tono, duración y timbre.

En este marco se propugna la necesidad de incorporar la enseñanza de la técnica vocal en el currículum infantil y primer ciclo de Primaria, como programa educativo y preventivo.

Permite a descarga dun avance da obra.


Cómo educar la voz hablada y cantada

Cómo educar la voz hablada y cantada“, de Cristian Caballero, en Edamex, 1994; un libro dedicado a locutores, actores, mestres, conferenciantes e oradores, que ten por obxectivo ensinar a usar a voz da forma máis convinte, facendo máis fermoso ademáis o seu son, dándolle máis claridade e potencia.

Contido:

Teoría del sonido
Teoría de la fonación
Respiración
Teoría del sonido oral
Impostación
Dicción
Ejercicios de dicción
Trabalenguas
Expresión
Los recursos de la expresión vocal hablada
Uso y aplicaciones de los recursos expresivos
Verso
Características de la voz
La voz cantada
Los recursos de la expresión en el canto

Vista da obra.


Cómo cantar

Cómo cantar“, de Graham Hewitt, en Edaf, 1981; aborda aspectos clave como a respiración, a postura, o ataque e terminación dunha nota, os ensaios e a lectura da música.

Vista previa.


Linguaxe oral

No blog Orientación Andújar, atopamos un artigo de Milagrosa Serrano González, publicado na revista dixital Investigación y educación, nº 22, no que aborda a estimulación da linguaxe oral en educación infantil.

Estrutúrase como segue:

A. Desarrollo psicolingüístico en los primeros años (0-5 años)
B. Alteraciones del lenguaje oral en Educación Infantil
HABLA
VOZ
LENGUAJE
COMUNICACIÓN 
AUDICIÓN
C. Esquema de Progresión Cronológica de actividades del lenguaje
D. Programa de Estimulación del lenguaje oral

Coro de Manos Blancas

O coro de Manos Blancas forma parte do programa de Educación Especial do Sistema Nacional de Orquestas y Coros Juveniles e Infantiles de Venezuela, foi creado en 1999 e está conformado por dúas areas: a xestual, integrada principalmente por nenos e mozos con deficiencias auditivas, que utilizan luvas brancas ou de cores, segundo a obra que interpreten; e a oral, formada por nenos e mozos con deficiencias visuais e cognitivas, con impedimentos motrices, dificultades para a aprendizaxe e autismo, así como tamén, por aqueles que, sen ningunha discapacidades, dan exemplo do dereito que todos temos a participar na sociedade.


A oratoria

“Un home de forza e intelixencia extraordinaria pode non ser máis ca un cero na sociedade si non sabe falar.” William Channing.

Con esta cita comeza o artigo “La oratoria” de Abel Cortese, no que nos di que hai:

3 clases de discursos

3 clases de oradores, e

3 partes básicas dun discurso.

Como consideramos a oratoria unha condición necesaria nos docentes, recomendamos a súa lectura.


El discurso del rey

Unha película que nos mostra a importancia do traballo e dominio da voz.


El duque de York se convirtió en rey de Gran Bretaña con el nombre de Jorge VI (1936-1952), tras la abdicación de su hermano mayor Eduardo VIII. Su tartamudez, que constituía un gran inconveniente para el ejercicio de sus funciones, lo llevó a buscar la ayuda de Lionel Logue, un experto logopeda que consiguió, empleando una serie de técnicas poco ortodoxas, eliminar este defecto del rey. (FILMAFFINITY)


Clasificación das voces humanas

En “Clasificación de las voces. Características de la voz infantil y adolescente“, explícannos como se poden distinguir as voces en función do sexo, da súa tesitura, polo timbre, ou por outros criterios.

No CrisCordero´s Blog Musical, hai unha magnífica selección de vídeos con gravacións dos distintos tipos de voces: tenores, barítonos, bajos, sopranos, mezzosopranos  e contraltos


Hixiene da voz

Recollemos aquí artigos publicados na rede que versan sobre a voz, o seu coidado e alteracións derivadas dun uso non adecuado.

Higiene de la voz”, do Centro de Foniatría. Un documento con ítems que axudan a detectar a presenza de indicios de problemas da voz.

Voz profesional y alteraciones de la voz”, de Marco Guzmán, sobre a hixiene vocal, situacións de mal coidado, malos hábitos e medidas de hixiene.

Cuidados de la voz e higiene vocal”, de Marco Guzmán.

Higiene vocal”, de Andreu Sauca i Balart, no que el divide entre normas, consellos e hábitos.